Cesta de la compra

{{#if has_items}}
{{#each line_items}}
{{ full_title }}
{{ quantity }}
{{{ subtotal_human }}}
{{/each}}
Subtotal {{{ subtotal_human }}}
{{#if coupon_name}}
Cupón de descuento {{ coupon_name }} - {{{ coupon_discount_human }}} x
{{/if}} {{#if donation}}
Donación {{{ donation_human }}}
{{/if}}
{{#if shipping_handling_left_for_free}}
(Te quedan {{{ shipping_handling_left_for_free }}} para que el envío sea gratis)
{{/if}}
{{#if tx_okstock}} Envíos en 72h. {{/if}} {{#if delivery_date}} El pedido te llegará el {{ delivery_date_human }} {{/if}}
Total {{{ total_ceafa }}}
{{else}}
Actualmente no tienes nada en la cesta de la compra. Ir a la tienda.
{{/if}}

«Grazas a Afaber, a xente sabe que é o alzhéimer»

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños celebra neste 2010 o seu décimo aniversario

Jesús Manuel Villar Antelo leva moito tempo pelexando por mellorar a calidade de vida dos doentes de alzhéimer. A súa foi unha das familias de Carballo que promoveron, fai dez anos, o nacemento de Afaber. Na actualidade, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños ten 160 socios de toda a comarca. Mañá haberá eleccións, pero todo indica que continuará como presidente outro mandato máis. «Empecei como presidente porque era o máis novo, e xa teño case 50 anos», lembra en broma.

-¿Que aspectos destacaría do traballo desenvolvido ao longo destes dez anos?

-Empezamos de prestado na Casa da Xuventude e as reunións da xunta directiva facíanse no café Colón. Despois, durante cinco anos estivemos nun cuarto de tres metros cadrados na residencia de maiores, así que só podiamos ter a axuda familiar e pouco máis. Dende que inauguramos a sede da rúa Camelias xa empezamos a traballar cos enfermos. O que quero dicir é que empezamos con nada e hoxe temos un local de 160 metros, unha psicóloga, unha traballadora social, unha auxiliar e unha fisioterapeuta. Algo estamos conseguindo. Pero o máis importante é que, grazas a Afaber, moita xente da comarca sabe que é o alzhéimer, que non apareceu fai dous días, senón que leva 105 anos. Para min ese é un dos aspectos máis salientables.

-¿Teñen pensado celebrar dalgún xeito o aniversario?

-Estamos preparando os actos, pero, en principio, para o día 25 deste mes xa temos prevista a proxección do documental Bicicleta, cuchara, manzana, que relata o día a día de Pascual Maragall e a súa loita contra a enfermidade. A intención da xunta directiva é organizar un congreso sobre o alzhéimer na Costa da Morte, para o cal pediremos a colaboración dos servizos sociais dos concellos e das familias.

-Unha das grandes demandas de Afaber é un centro de día para os enfermos de alzhéimer. ¿Sigue en pé a posibilidade de que a asociación xestione, xunto con APEM e Aspaber, o novo edificio de Carballo?

-Nós non a desbotamos, pero estamos pendentes dunha reunión co xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, porque se non se cambian as bases do concurso para a concesión do servizo xa non teremos a posibilidade de optar. O ideal sería un servizo xestionado polas tres asociacións coa tutela do Concello.

jesús manuel villar antelo presidente de afaber

Fuente: lavozdegalicia.es

Con la colaboración de