Cesta de la compra

{{#if has_items}}
{{#each line_items}}
{{ full_title }}
{{ quantity }}
{{{ subtotal_human }}}
{{/each}}
Subtotal {{{ subtotal_human }}}
{{#if coupon_name}}
Cupón de descuento {{ coupon_name }} - {{{ coupon_discount_human }}} x
{{/if}} {{#if donation}}
Donación {{{ donation_human }}}
{{/if}}
{{#if shipping_handling_left_for_free}}
(Te quedan {{{ shipping_handling_left_for_free }}} para que el envío sea gratis)
{{/if}}
{{#if tx_okstock}} Envíos en 72h. {{/if}} {{#if delivery_date}} El pedido te llegará el {{ delivery_date_human }} {{/if}}
Total {{{ total_ceafa }}}
{{else}}
Actualmente no tienes nada en la cesta de la compra. Ir a la tienda.
{{/if}}

Neda, Municipio solidario co Alzhéimer

Neda é oficialmente Municipio Solidario co Alzhéimer. Así llo trasladou onte o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, á presidenta de AFAL Ferrolterra (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias), Milagros Prieto Gondell, nunha xuntanza celebrada na casa consistorial. A corporación aprobaba por unanimidade a declaración consciente de que o alzhéimer é o tipo de demencia máis prevalente e que, na actualidade, afecta en España a 3,5 millóns de persoas, entre as que o sufren e os seus familiares coidadores.

Deste xeito, o Concello de Neda quere, con este xesto institucional, apoiar a sensibilización e concienciación da sociedade, institucións e políticos sobre un problema socio-sanitario de primeira magnitude. E é que, declarándose “Municipio Solidario co Alzheimer”, o Concello apoia a iniciativa liderada por CEAFA (Confederación de Asociacións de Familiares de Enfermos), que reivindica a posta en marcha dunha Política de Estado de Alzhéimer.

Pola súa banda, Milagros Prieto agradeceu a adhesión do Concello de Neda.

Fuente: http://fagal.org

Con la colaboración de